sábado, 14 de mayo de 2022

Monbus Obradoiro Vs Valencia Basket /// Jornada 34 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 34 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.967 espectadores.


<<>>



FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 85: Hobbs (5), Robertson (18), Scrubb (17), Suárez (9), Birutis (4) – quinteto inicial – Vicedo (2), Okouo (8), Oliver (0), Ellenson (5), Beliauskas (0), P. Scrubb (15) y Muñoz (2).

Valencia Basket 89Van Rossom (16), Hanlan (5), Puerto (2), Pradilla (6), Dubljevic (22) – quinteto inicial – Dimitrijevic (8), Claver (3), López-Arostegui (9), Ferrando (0), Bressan (-). Rivero (11) y Labeyrie (7).

Árbitros: Juan Carlos García González, Francisco Araña y Javier Torres.

Parciales: 20-29, 22-19, 18-26 y 25-15.





::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



O Obradoiro non puido pechar a temporada cunha vitoria fronte ao Valencia. Perderon os santiagueses por catro puntos (85-89).

Os de Moncho Fernández remontaron no último cuarto e tiveron opción de triunfo ata o final. Phillip Scrubb errou dous tiros libres que levarían o encontro á prórroga.

Kassius Robertson, con 18 puntos, e Thomas Scrubb, con 17, foron os máximos anotadores dun Obradoiro que conclúe a temporada no 15º posto con 12 vitorias.

O encontro serviu como despedida ao mítico Albert Oliver, que se despediu da práctica activa do baloncesto aos 43 anos de idade.

-TVG-


Crónica ACB







miércoles, 11 de mayo de 2022

Joventut Badalona vs Monbus Obradoiro /// Jornada 33 Temporada 21-22

 



Partido correspondiente a la jornada 33 de la Liga Endesa, disputado en el Pala Olímpic de Badalona ante unos 9.000 espectadores.


<<>>




FICHA TÉCNICA:

Joventut Badalona 78: Vives (-), Feliz (6), Parra (13), Willis (15), Tomic (18) -equipo inicial-, Ribas (9), Ventura (-), Birgander (2), Maronka (4), Busquets (-), Paul (-) y Bassas (11).

Monbus Obradoiro 84Robertson (15), Hobbs (10), Thomas Scrubb (4), Vicedo (-), Birutis (20) -equipo inicial-, Okouo (7), Phil Scrubb (7), Suárez (7), Muñoz (3), Ellenson (11) y Beliauskas (-).

Árbitros: Conde, Serrano y Martínez.

Parciales: 18-22, 19-23, 21-16 y 20-23.






::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::




O Obradoiro seguirá unha temporada máis en ACB logo de acadar a vitoria que precisaba na penúltima xornada e na pista do Joventut, unha das máis difíciles da liga. Un partido moi serio e sufrido de todo o equipo obradoirista en que se impuxo por 78-84.

Comezou frío un Obradoiro que tardou 3 minutos en anotar pero unha vez que colleu a boa serie de lanzamento conseguiu dominar o primeiro cuarto. Robertson (7 puntos) anotaba con facilidade e os dous pívots Birutis e Okouo facían moito dano. 18-22 ao remate do primeiro parcial.  

No segundo apareceu Birutis dun xeito estelar. O pivote lituano foi un pesadelo para o Joventut. Anotou trece puntos e permitiu que o Obradoiro se fose ata a barreira dos dez puntos. Chegou a ter unha máxima de 11 (32-43) e acabou o cuarto oito arriba (37-45). 

Estaba Birutis gardándose moi ben das faltas pero no terceiro cargouse de persoais. Sen Birutis e Okouo foi Ante Tomic o que se converteu no dono do partido. Castigou a un Obradoiro que foi perdendo a vantaxe. Polos puntos do croata e o desacerto desde o tiro libre (chegou a facer un 5/14). O partido equilibrouse (50-51) pero os galegos mantiveron a vantaxe (58-61). 

O último cuarto comezou cun Ellenson moi inspirado. Nove puntos case consecutivos do obradoirista permitíanlle seguir por diante (65-74) pero un parcial de 8-0 facía que o partido entrara nos últimos tres minutos cheo de incerteza (73-74). Apareceu entón Phil Scrubb para anotar cinco puntos seguidos e darlle outro respiro a Obradoiro (73-79) a 2 minutos do final. Foi o arreón que precisaban os de Moncho Fernández que xestionaron ben os últimos intres e garantiron a súa presenza na ACB para a vindeira temporada.

-TVG-


 













domingo, 24 de abril de 2022

Monbus Obradoiro Vs Herbalife Gran Canaria /// Jornada 30 Temporada 21-22



 

Partido correspondiente a la jornada 30 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.968 espectadores.

<<>>




FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 106: Hobbs (3), Robertson (21), Thomas Scrubb (24), Suárez (8), Birutis (17) – quinteto inicial – Vicedo (3), Okouo (0), Zurbriggen (0), Ellenson (13) Beliauskas (-), P. Scrubb (12) y Muñoz (5).

Gran Canaria 97Albicy (7), Slaughter (19), Brussino (22), Stevic (10), Pustovyi (4) – quinteto inicial – Balcerowski (0), Ilimane Diop (0), Salvó (8), López (0), Khalifa Diop (5), Ennis (20) y Chery (2).

Árbitros: Daniel Hierrezuelo, Rubén Sánchez Mohedas y Alfonso Olivares. Eliminados por faltas Laurynas Birutis, del Monbus Obradoiro, y Andrew Albicy y Khalifa Diop, del Gran Canaria.

Parciales: 32-19, 27-23, 19-21 y 28-34.





::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



Sácalles dúas vitorias aos tres equipos que pechan a clasificación a catro xornadas para o final.

O Obradoiro xogaba media permanencia e conseguiu o triunfo diante do Gran Canaria. Gañou por 106-97 nun partido en que os dous equipos xogaron a tumba aberta cara ao aro contrario. 

O primeiro parcial amosou o tino do cadro santiagués. Liderados por un imparable Thomas Scrubb foise ata o 32-19. O acerto non minguou no segundo parcial (49-31, minuto 14) e as vantaxes estiveron preto dos vinte puntos (59-42 ao descanso). 

O partido seguía polo mesmo camiño no terceiro cuarto ata que cun 78-57 o Gran Canaria comezou a recortar diferenzas. Fixo un parcial de 1-13 que rebaixou a diferenza ata a barreira dos dez puntos. E continuou coa escalada ata poñerse a só catro puntos con tres minutos por diante (86-82). Nese momento crucial o Obradoiro encadeou tres accións positivas (triplas de Scrubb e Robertson e canastra de Birutis) para volver a meter un +12 (94-82) definitivo.

Con catro xornadas por diante o Obra sácalles dúas vantaxes á zona de descenso, unha marxe que non é definitiva pero si dá moita tranquilidade. 

-TVG-


  
 
Crónica ACB

Marca anotadora






sábado, 16 de abril de 2022

Hereda SanPablo Burgos Vs Monbus Obradoiro /// Jornada 29 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 29 de la Liga Endesa disputado en el Coliseum Burgos ante 9197 espectadores.


<<>>

FICHA TÉCNICA


Hereda San Pablo Burgos 77: Benite (21), Díaz (0), Eddie (22), Renfroe (3) y Nnoko (4) -cinco inicial - Queeley (-), Nikolic (8), Salash (1), Phillip (3), Rabaseda (9), García (-) y Gamble (6).

Monbus Obradoiro 82Vicedo (11), T.Scrub (9), Hobbs (8), Birutis (16) y Robertson (5) - cinco inicial - Okouo (2), Zurbriggen (5), Ellenson (9), Beliauskas (2), P.Scrub (13), Muñoz (0) y Suárez (2).

Árbitros: Antonio Conde, Juan de Dios Oyón, Raúl Zamorano.

Parciales: 18-19, 16-17, 22-21 y 21-25.





::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



O Obradoiro pechou unha semana complicada cun triunfo en Burgos crucial na loita pola salvación. Diante dun rival que levaba os mesmos triunfos, os de Moncho Fernández si estiveron atinados nos momentos finais, e acabaron pechando a vitoria por 77 a 82.

Trinta e cinco minutos de tira puxa, intercambio de canastras, faltas, triplas, erros e acertos nun partido no que os dous contendentes sabían que o triunfo era un chimpo enorme cara a permanencia.

O partido do brasileiro Vítor Benite foi case impecable. 21 puntos con boas porcentaxes e 19 de valoración. Obradoiro dependía de Birutis, pero non controlaba o seu rebote defensivo e tampouco os arreóns de Eddie.

Pero os galegos nunca lle perderon a cara ao desafío e mesmo anotaron triplas imposibles coma a de Hobbs que, abofé, castigou a feble mentalidade dos burgaleses. Malia todo, foi un acabado de chegar á disciplina obradoirista o que resultou determinante no segundo triunfo dos de Moncho Fernández lonxe do Sar.

Philippp Scrub anotou un total trece puntos, máis da metade en momentos cruciais do encontro, 50% en tiros de tres e unha falta en ataque provocada no derradeiro minuto. Foi o xogador mellor valorado do Obra, que suma agora 10 vitorias e gaña a diferenza de puntos particular co Burgos.

-TVG-



Crónica en ACB






lunes, 4 de abril de 2022

Monbus Obradoiro Vs Baxi Manresa /// Jornada 27 Temporada 21/22

 


Partido correspondiente a la jornada 27 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.894 espectadores.

<<>>



FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 98: Hobbs (3), Robertson (25), Scrubb (11), Ellenson (4), Birutis – quinteto inicial – Vicedo (-), Okouo 11), Zurbriggen (2), Beliauskas (5), P. Scrubb (13), Muñoz (-) y Álex Suárez (9).

BAXI Manresa 91Pérez (7), Thomasson (14), Vaulet (2), Moneke (17), Sima (15) – quinteto inicial – Francisco (18), Steibergs (2), Rafa Martínez (3), Valtonen (7) y Maye (4).

Árbitros: Benjamín Jiménez, Martín Caballero y Vicente Martínez.

Parciales: 14-22, 29-19, 23-23, 19-21 y 13-6.













::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


Partido de ida, volta e reviravolta no SAR. Un partidazo de 45 minutos no que o Obra comezou mal e acabou moi ben.

Durante os catro actos habituais, galegos e cataláns intercambiaron golpes, canastras e control do marcador.

Pero o derradeiro minuto divide Scrubb e castiga Robertson desde a liña de tres puntos. Obradoiro dous arriba a falta de 40 segundos. Jankuba Sima empatou o encontro a 85 cun lanzamento desde debaixo do taboleiro e chegou a prórroga.

Nos cinco minutos extra os santiagueses foron mellores, máis convincestes en ataque e defensa e manexaron as posesión con xeito e precisión.

E de novo Robertson, decisivo. 25 puntos do escolta norteamericano do Obra, salpementados con 8 asistencias e, a maior parte deles en momentos chave.

Moneke e Robertson estiveron preto dos 30 puntos de valoración. E no Baxi axudaron a Moneke: Francisco (18 puntos) e Thomasson (14).

Noveno triunfo dos de Moncho Fernández que collen azos para o treito definitivo do campionato.

-TvG-



Crónica en ACB

<<>>





sábado, 26 de marzo de 2022

Río Breogán Vs Monbus Obradoiro /// Jornada 26 Temporada 2021/22


 Partido de la vigésimo sexta jornada de la Liga Endesa disputado en el Pazo dos Deportes de Lugo ante unos 4.400 aficionados. Musa recibió el MVP de la Liga Endesa correspondiente a febrero.

<<>>




FICHA TÉCNICA:

Río Breogán 80: Bell-Haynes (9), Musa (23), Lukovic (8), Mahalbasic (8), Sergi Quintela (2) -cinco inicial- Erik Quintela (9), Kalinoski (11), Kacinas (-), Sakho (10), Cruz (-). 

Monbus Obradoiro 78Scrubb (22), Hobbs (12), Birutis (16), Robertson (13), Álex Suárez (2) -cinco inicial- Ellenson (3), Vicedo (2), Beliasuskas (-), Scrubb (8), Muñoz (-).

Árbitros: Miguel Ángel Pérez Pérez, Carlos Cortés y Alfonso Olivares.

Parciales: 21-17, 14-21, 23-16 y 22-24.





::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


O Breogán obtivo a vitoria nun derbi que se decidiu no último segundo e se disputou nun excepcional ambiente no Pazo dos Deportes.

O partido tivo moitas alternativas. O Breogán adquiriu dez puntos de vantaxe no segundo cuarto e o Obradoiro respostou cun 0-13 de parcial.

No terceiro cuarto era o equipo santiagués o que mandaba, con 9 de vantaxe. Daquela a defensa lucense afogou ao rival. O parcial foi de 15-2.

Todo levou a un final axustado. Musa logrou a canastra definitiva, que colocaba o 80-78 a catro segundos do final. Hobbs tivo a última para darlle a volta ao partido pero a súa tripla non entrou.

O Breogán logra a cobizada vitoria número 12 e o Obradoiro queda con 8. 

-TvG-



Crónica en ACB

<<>>





domingo, 13 de marzo de 2022

Monbus Obradoiro Vs Bitci Baskonia /// Jornada 24 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 24 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.266 espectadores.

<<>>

FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 81: Hobbs (3), Robertson (11), Scrubb (8), Ellenson (19), Birutis (19) – quinteto inicial – Vicedo (6), Okouo (-), Zurbriggen (0), Oliver (-), Beliauskas (22), P. Scrubb (0) y Muñoz (-).

Bitci Baskkonia 76Baldwin IV (20), Fontecchio (4), Giedraitis (13), Costello (10), Peters (4) – quinteto inicial – Raieste (1), Barrera (-), Sedekerskis (2), Marinkovic (2), Granger (3), Enoch (12) y Kurucs (5).

Árbitros: Juan Carlos García, Francisco Araña y Carlos Merino.

Parciales: 17-16, 16-14, 22-24 y 26-22. 




::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



O Obradoiro conseguiu unha vitoria de prestixio diante do Baskonia que lle dá un pequeno respiro na pelexa por manter a categoría (81–76). Nun dos mellores encontros da temporada e apoiados no "efecto Sar", cun público que apertou moito, derrotaron un rival que viña nun gran momento. 

O primeiro tempo foi o da defensa. Moita igualdade, cos galegos engruñando os cadrís atrás  e impedindo que Baskonia anotase con facilidade. O Obra chegou a ter unha máxima vantaxe de oito puntos (29–21), pero a reacción vasca fixo que o partido chegase igualado ao descanso (33–30).

No terceiro cuarto volveron os oito puntos de diferenza (45–37). Pero Baskonia nunca se pode dar por morto e cun parcial final de 3–12 deixou todo no aire para o último cuarto (55–54). 

O partido estaba empatado a 63 cando Beliauskas, extraordinario durante os corenta minutos, anotou dúas triplas consecutivas e puxo o 71–63. Unha canastra de Ellenson e outra tripla de Beliauskas deixaban un 76–68 tranquilizador a dous minutos do final. Baskonia tentouno ata o último intre pero era o día do Obradoiro, que levou a oitava vitoria da temporada, a sétima como local. (TVG)


Crónica ACB

<<>>

martes, 15 de febrero de 2022

Monbus Obradoiro Vs Morabanc Andorra /// Jornada 22 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 22 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 3.970 espectadores.

<<>>


FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 81: Hobbs (15), Robertson (6), Scrubb (22), Ellenson (12), Birutis (19) – quinteto inicial – Vicedo (-), Okouo (0), Zurbriggen (2), Oliver (1), Beliauskas (2), Muñoz (2) y Suárez (0)

MoraBanc Andorra 73Hannah (9), Miller-McIntyre (21), Nakic (0), Llovet (5), Diagne (8) – quinteto inicial – Paulí (2), Crawford (5), Colom (-), Morgan (1), Arteaga (14) y Mekel (8).

Árbitros: Jordi Aliaga, Juan de Dios Oyón y Cristóbal Sánchez. Eliminaron por faltas a Clevin Hannah, del MoraBanc Andorra

Parciales: 24-14, 22-21, 11-26 y 24-12




::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


O Obradoiro sumou un triunfo fundamental diante de Andorra, un rival directo na pelexa pola permanencia. Logo dun gran primeiro tempo parecía que todo o traballo se ía ao traste nun terceiro período nefasto. A mellor versión dos santiagueses apareceu no intre decisivo para remontar e acadar a sétima vitoria da temporada. 

A posta en escena resultou inmellorable. Scrubb, Birutis e Ellenson asociábanse de tal xeito no primeiro cuarto que Andorra non atopaba o xeito de parar o trío máxico do Obradoiro (24-14). No segundo apareceu un Hobbs moi discreto ata o de agora na temporada para manter a diferenza e chegar ao descanso por riba dos dez puntos (46-35).

Todo mudou á volta do vestiario. Diagné e Mekel, dous actores secundarios de Andorra, convertéronse en estiletes e o Obradoiro non atopaba o camiño do aro contrario. A boa defensa do primeiro tempo esvaeceuse e deixou un preocupante 57-61 para os andorranos. 

No último cuarto o Obra recuperou as súas mellores virtudes. Remontou ao comezo cun parcial de 6-0 e desde a defensa comezaron a recuperar o camiño perdido. O incansable Scrubb (22 puntos en 37 minutos) atopou bos socios en Hobbs (15 puntos e 9 asistencias) e Birutis. Conseguiron darlle a volta ao resultado e acadar unha vitoria que vale o seu peso en ouro. 

-TVG-

Crónica ACB


<<>>

martes, 25 de enero de 2022

Monbus Obradoiro Vs Río Breogán /// Jornada 16 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 16 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.572 espectadores.


<<>>



FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 100: Hobbs (11), Robertson (21), Scrubb (13), Ellenson (13), Birutis (26) – quinteto inicial – Vicedo (0), Okouo (4), Zurbriggen (9), Oliver (0), Beliauskas (-), Muñoz (0) y Suárez (3)

Río Breogán 83Bell-Haynes (24), Sergi Quintela (7), Musa (20), Lukovic (14), Mahalbasic (6) – quinteto inicial – Urtasun (-), Kacinas (0), Kalinoski (4), Jankovic (-), Sakho (0), Erik Quintela (4) y Cruz (4)

Árbitros: Emilio Pérez Pizarro, Francisco Araña y David Sánchez. Eliminaron por faltas a Braydon Hobbs y a Fernando Zurbriggen, del Monbus Obradoiro.

Parciales: 29-27, 22-13, 25-21 y 24-22.











::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



Obradoiro recolleu un gran triunfo no derbi galego ante o Breogán no medio dun ambiente de baloncesto extraordinario (100–83). O Breo tentaba asegurar a clasificación para a Copa, pero terá que agardar a terceiros resultados para que sexa matemática.

O primeiro cuarto foi o único igualado. Lukovic, Bell Haynes e Sergi Quintela anotaban con facilidade para o Breogán e Birutis comezou o seu recital particular con dez puntos no primeiro acto (29–27).

Moncho Fernández: "Gañamos a un equipo que xogará a Copa, que deixou fóra a un equipo de Euroliga"

Oriol Comas: "Tiñan máis ganas ca nós desde o principio. Pasáronnos por riba"

Pero Obradoiro aumentou a intensidade defensiva no segundo cuarto. Dominadores do rebote, foron marchando no marcador ata poñerse por riba dos dez puntos (47–38). Ao descanso o resultado era de 51–40 e Birutis xa se manexaba con dezasete puntos e sete rebotes. 

No terceiro cuarto marchou Obradoiro. Con Scrubb en estado de graza (once puntos) o equipo de Moncho Fernández chegou a ter 21 puntos de vantaxe (67–46). O Breogán tirou de garra para recuperar no marcador pero nunca tivo opcións de meterse no partido. 

De feito, no treito final o Obradoiro volveu estar no limiar dos vinte puntos e festexou un triunfo que levaba tempo agardando. 

-TVG-



Cronica ACB

<<>>